Nace Laboricia, un portal de emprego dedicado á comunidade universitaria
- cunchasmagazine
- 27 oct 2021
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 11 nov 2021
Coa intención de favorecer a busca de traballo para o estudantado universitario, a asociación de antigo alumnado Alumni USC crea esta ferramenta que, ademáis, pretende atraer e reter o talento en Galicia
Redacción | 27 de octubre, 2021
A Asociación de Antigos/as Alumnos/as e Amigos/as Alumni USC lanzou recentemente Laboricia, un portal de emprego que nace co obxecto de facilitar a procura de traballo en Galicia entre os e as universitarias. A intención principal é atraer e reter o talento en Galicia. “É unha ferramenta que vai dirixida a estudantes e persoas que se acaban de titular e que estean na procura de emprego ou de prácticas en Galicia”, explican dende Alumni USC.
Laboricia conta co respaldo da USC e o patrocinio do Consello Social, órgano que xestiona as prácticas extracurriculares dos estudantes e dende o que amosan a súa satisfacción pola posta en marcha dunha “ferramenta necesaria, que supón un paso decisivo no fomento do emprego entre os universitarios, así como unha acción conxunta que aproxima as dúas entidades á sociedade, establecendo pontes coa súa contorna”, engaden.
Pequenas e grandes empresas, entidades de economía social, despachos profesionais, centros de investigación, axencias ou organismos públicos, entre outros, poden rexistrarse e mostrar as súas ofertas de emprego ou prácticas. Nesta etapa inicial, Alumni USC contactou con 60 empresas e xa rexistrou preto dun centenar de demandas de emprego.
Comentarios