top of page

Román Rodríguez salienta a boa resposta dos galegos ao Bono Cultura da Xunta no arranque da campaña

  • Foto del escritor: cunchasmagazine
    cunchasmagazine
  • 3 nov 2021
  • 2 Min. de lectura

O prazo para clientes comezou este novembro e só nunhas horas esgotáronse todos os bonos dispoñibles o que constata “o interese por gozar da cultura”

Os descontos poden empregarse na compra de libros, música, películas en formato físico, entradas para museos, cines, concertos ou espectáculos escénicos, entre outros


Redacción | 3 de novembro, 2021


O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, salientou onte a “excelente” resposta dos galegos ao Bono Cultura da Xunta, que arrincou este novembro con moito éxito. Todas as descargas dispoñibles se esgotasen en 19 horas e se chegasen a alcanzar picos de 150 bonos emitidos por minuto. “As cifras constatan o interese por gozar da cultura e tamén o interese por esta iniciativa coa que desde a Xunta queremos dinamizar o consumo cultural e tamén apoiar ao sector”, indica.


O Bono Cultura da Xunta conta cun orzamento de case 2M€ para un total de 39.000 bonos e mobilizará 4M€ no sector neste outono cultural. Neste sentido, Román Rodríguez subliñou as máis de 450 empresas e entidades que xa están adheridas e animou ao sector a seguir sumándose xa que o prazo para que os negocios entren na iniciativa continúa aberto ata o vindeiro 18 de novembro a través de www.bonocultura.gal.


Pódense unir as persoas físicas ou xurídicas que teñan como obxecto da súa actividade o de venda de produtos e bens culturais, que desenvolvan a súa actividade en Galicia. As salas de cine, teatros e auditorios, salas de concertos, salas de exposicións, os museos, casas-museo, así como asociacións, entidades e fundacións de carácter cultural, tanto públicas como privadas, que ofrezan produtos culturais, entre outras.


Variedade de produtos e servizos

Os titulares dos establecementos recibirán cunha periodicidade semanal, na conta bancaria indicada para tal efecto, a cantidade equivalente aos bonos trocados no seu establecemento e, ademais, o nome comercial e a localización dos establecementos adheridos ao programa Bonos Cultura faise público na web www.bonocultura.gal


“Esta é unha medida que puxemos en marcha en diálogo co sector e na que apostamos por financiar parte das compras a calquera persoa maior de 18 anos e residente en Galicia”, engadiu Román Rodríguez. Así, desde onte, cada usuario rexistrado ten un bono por valor de 50€ e en cada compra obterá un desconto do 50%, que poderá desfrutar ata o 31 de decembro tantas veces como desexe ata esgotar o crédito dispoñible.


Poden empregarse para a compra de produtos como música gravada en CD ou vinilo, produtos audiovisuais como películas ou series en formato físico, libros ou videoxogos, entradas para calquera tipo de institución cultural (museos, casas-museo...) ou para salas de cine, concertos de música e espectáculos escénicos, entre outras.

Comments


© 2023 by Train of Thoughts. Proudly created with Wix.com

bottom of page