‘SiSons Enclave Musical’, un encontro entre o sector cultural e o musical
- cunchasmagazine
- 27 oct 2021
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 3 nov 2021
Redacción | 27 de outubro, 2021

O evento SiSons Enclave Musical celebrouse os días 21, 22, 23 e 24 de outubro de 2021 en varios escenarios da cidade, entre eles os centros socioculturais de Vite, Fontiñas, Conxo e o Castiñeiriño. Consistiu nunha reunión de profesionais do sector cultural e musical aberta ao público, con charlas, ponencias, showcases, concertos e actividades paralelas.
Como sinalou a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, este proxecto xorde no marco das axudas ás entidades culturais do seu departamento e "é froito da colaboración entre distintas entidades tanto públicas como privadas". SiSons Enclave Musical estivo organizado por Musicarte e a Asociación Cultural Tres por Cuatro; e nela colaborou o Concello de Santiago a través da concellaría de Acción Cultural, a Deputación da Coruña, e a Xunta de Galicia, entre outros patrocinadores. Mercedes Rosón, na rolda de prensa levada a cabo para a presentación do programa, sinalou que esta cita se unía "ao Ateneo Barroco. Sen dúbida, podemos dicir que esta é a semana da música en Compostela".
O organizador do evento, José Francisco Saavedra, agradeceu o apoio municipal e lembrou que "despois da situación vivida, o sector cultural sufriu as peores consecuencias que ocasionou esta crise; unha diminución drástica que se notou tanto nas actividades culturais, como nos ingresos. En calquera caso, o sector amosou unha grande madurez e rigor profesional, nun contexto complexo e en circunstancias moi difíciles, implementando todos os protocolos de saúde e confirmando que a cultura é segura".
Comments