top of page

Xestión Hoteleira, cada vez máis cerca de ser un grao oficial da USC

  • Foto del escritor: cunchasmagazine
    cunchasmagazine
  • 3 nov 2021
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 11 nov 2021

O CSHG estivo ata agora vinculado á Universidade de Santiago de Compostela por medio dun convenio asinado no ano 1995


Redacción | 3 de novembro, 2021



Alumnado do Centro Superior de Hostelería


O Consello da Xunta celebrado este venres deu luz verde ao decreto para que o Centro Superior de Hostalería de Galicia, situado na Barcia, quede adscrito á Universidade de Santiago, paso previo e necesario para crear un novo título de grao universitario oficial con validez en todo o territorio nacional en materia de xestión hostaleira.


Ata agora, o CSHG estaba vinculado á USC a través dun convenio asinado en 1995, polo que imparte o título de diploma superior como propio. Dando continuidade aos pasos marcados pola Lei do Sistema universitario de Galicia, era necesaria a aprobación no órgano executivo do Goberno deste decreto de adscrición para impartir títulos universitarios de carácter oficial, requisito que foi aprobado cos informes favorables. O seguinte paso para que avance a posta en marcha da titulación será que a proposta de grao presentada pola USC conte co visto e prace para ser verificada finalmente polo Ministerio de Universidades.


A nivel administrativo, o CSHG está integrado en Turismo de Galicia, e xa que logo na Vicepresidencia primeira da Xunta, que prevé uns investimentos no centro ata o 2025 de 3,5 millóns de euros para a reforma integral das instalacións e os equipamentos nos que se imparte docencia teórica e práctica.

Commentaires


© 2023 by Train of Thoughts. Proudly created with Wix.com

bottom of page