Acoso #MeToo na ciencia española, punto de partida para o coñecemento das ferramentas de protección
- cunchasmagazine
- 1 dic 2021
- 2 Min. de lectura
Nagore Acuña | 1 de decembro, 2021

Con motivo da celebración do 25N, Día Internacional de Eliminación da Violencia contra as mulleres, Almudena Espido Quintana organizou un coloquio a través de Teams para evidenciar a desigualdade de xénero aínda vixente, a través das palabras de Ángela Bernedo, autora do libro Acoso Me Too en la Ciencia española, publicado o 20 de outubro. As persoas interesadas en acudir virtualmente ao coloquio puideron anotarse cubrindo un cuestionario a través do correo da USC e mediante a súa participación puideron coñecer diversas ferramentas de protección para as mulleres dende o ámbito educativo. Dende Cunchas vemos preciso facer fincapé nestas iniciativas, pois a necesidade de igualdade é un tema esencial para o benestar dos cidadáns e da sociedade en conxunto.
Mediante a charla o estudantado puido familiarizarse con diferentes conceptos e realidades que ata o momento non coñecían «considero que el coloquio fue una iniciativa completamente beneficiosa para mí. Me permitió conocer herramientas que hasta ese momento desconocía, como por ejemplo el hecho de que existan protocolos de prevención y actuación frente al acoso sexual en las propias universidades» afirma Melanie Fernández, unha das alumnas que formaron parte do coloquio.
¿En que consisten estes protocolos?
Nas universidades existen unidades de igualdade que traballan para previr as violencias contra as mulleres. A Oficina de Igualdade de Xénero da USC ten como obxectivo sensibilizar a toda a comunidade universitaria en materia de acoso sexual á vez que establece un procedemento eficaz que permita actuar con todas as garantías ante una situación de acoso ou acoso sexual. Dende estas entidades académicas pretenden promover a igualdade efectiva entre homes e mulleres e asegurar o benestar das mulleres pertencentes á comunidade universitaria.
O acoso dentro das universidades
O acoso pode ser levado a cabo por calquera persoa, independentemente da súa idade, posto no que se atope ou formación académica que teña. Ademais, diversos estudos evidencian que a maioría de individuos que acosan son homes. A nivel xeral pódese apreciar esta tendencia a través do Instituto Nacional de Estatística que evidencia que ás persoas condenadas por este tipo de delitos son con maior frecuencia homes. Mentres que as vítimas adoitan a ser mulleres, as cales experimentan consecuencias psicolóxicas e emocionais moi importantes.
A divulgación de casos reais
A escritora do libro Acoso Me Too en la Ciencia española e licenciada en biotecnoloxía, Ángela Bernedo, recalcaba no coloquio na necesidade de que a poboación coñeza casos reais: «es muy importante hacer referencia a casos reales, incidiendo en que son algo que le puede pasar a cualquier mujer en cualquier ámbito». Un dos exemplos que se puxo en común foi o caso de Nevenka Fernández, unha concelleira de Ponferrada que foi acosada sexualmente polo alcalde Ismael Álvarez. «Su caso es, por desgracia, un ejemplo de lo que sucede a veces con las vítimas de acoso sexual, se convierten en el foco de atención y esto conlleva grandes consecuencias psicológicas para ellas» sentenciaba a escritora no coloquio do pasado 25 de novembro.
Comments