top of page

As convocatorias do 25N en Galicia: horarios e localizacións

  • Foto del escritor: cunchasmagazine
    cunchasmagazine
  • 25 nov 2021
  • 1 Min. de lectura

A Marcha Mundial das Mulleres convoca máis de 30 mobilizacións en toda Galicia


Nagore Acuña | 24 de novembro, 2021


Mobilizacións en Galicia polo 25N

O 25 de novembro instaurase como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, motivo polo cal os colectivos feministas toman as rúas co obxectivo de evidenciar a necesidade dunha igualdade real entre a cidadanía. Para a xornada de mañan a Marcha Mundial das Mulleres ten convocadas máis de 30 mobilizacións en toda Galicia.


Este ano a Marcha Mundial das Mulleres, colectivo feminista que organizou as manifestacións, deciciu centrar ás reivindicacións nunha violencia específica: a violencia xudicial. Pretenden visibilizar que a desigualdade e o patriarcado tamén é latente dende este ámbito, «non queremos centrarnos só nas custodias, queremos evidenciar que as mulleres sufrimos violencia xudicial aínda que esté invisibilizada» sinala Erea Blanco, integrante da Marcha Mundial das Mulleres. Por este motivo, o colectivo feminista promove na súa páxina web unha serie de lemas relacionados con esta temática "A xustiza patriarcal é violencia machista" e "Basta de sentenzas machistas", entre eles.


¿Como será a manifestación en Santiago de Compostela?

A convocatoria dará comezo ás 20:00 horas na Praza do 8 de marzo e dende alí fará un percorrido pola cidade. Transcurrirá pola Virxe da Cerca, Porta Faxeira, a Rúa do Vilar, o Obradoiro e, finalmente, rematará na Praza das Praterías. Nesta lerase o manifesto, que xa está dispoñible na páxina do colectivo feminista.





Comments


© 2023 by Train of Thoughts. Proudly created with Wix.com

bottom of page