top of page

Piragüismo: a desigualdade nos postos directivos, a maternidade e os prexuizos cara a canoa

  • Foto del escritor: cunchasmagazine
    cunchasmagazine
  • 8 dic 2021
  • 3 Min. de lectura

Nagore Acuña | 6 de decembro, 2021


ree
Antía Jacome nun dos seus entrenamentos na cidade de Pontevedra

O piragüismo é un dos moitos deportes minoritarios que se practican no noso país. Estas practicas teñen maior dificultade de obter recoñecemento e conseguir un espazo nos medios de comunicación. Trátase dun deporte acuático que se realiza con un tipo de embarcación lixeira e nel existen diversas modalidades. Debido aos xogos olímpicos esta actividade deportiva obtivo grande sona e o equipo olímpico español fíxose con grandes resultados, pero ¿como é a situación de igualdade neste deporte? A desigualdade nos postos directivos, a maternidade e os prexuizos cara a canoa instauranse como as principais polémicas deste deporte.


O piragüismo destaca por ser un deporte no que as competicións de homes e mulleres se realizan xuntas, é dicir no mesmo evento, «este es un factor excepcional para la paridad pero aún así no asegura que se eliminen los techos de cristal» sinala o exresponsable de Marketing e Comunicación da Real Federación Española de Piragüismo, Enrique Prendes. Ata o ano 2014 o nivel da paridade existente nos altos cargos deportivos da Federación Española era inexistente «las mujeres tenían presencia pero los cargos de dirección se destinaban unicamente a los hombres» resalta Enrique Prendes.


Tras anos de traballo e tras a elaboración de distintos proxectos o Consello de Deportes estableceu medidas para intentar solventar esta situación. Leváronse a cabo proxectos como “Piragüismo con nome de muller”, desenvolto polo comunicador Enrique Prendes, incluíronse a mulleres perfectamente formadas na xunta deportiva e levouse a cabo a promoción destas para cargos internacionais. E na actualidade moitas, como Marta Felpeto, forman parte da Junta de la Federación Internacional de Piragüismo (ICF) ou ocupan outros postos de ámbito europeo.


O deporte e a maternidade

Fai menos de des anos existía unha grande desigualdade para as mulleres que se convertían en nais durante a súa etapa deportiva. As deportistas de elite perdían a beca automaticamente ao quedarse embarazadas debido a que non se concibía compaxinar a faceta familiar e deportiva. Non foi ata o ano 2013 cando se solventou a situación eliminando a retirada das becas deportivas.


Neste deporte amosase claramente que ser nais e deportistas de elite é posible. Teresa Portela e Maialen Chourraut son as únicas nais medallistas olímpicas españolas «son un ejemplo de sacrificio pero también de que se pueden cambiar las normas discriminatorias y absurdas» afirma Enrique Prendes, quen foi responsable de Marketing e Comunicación na Real Federación Española. Co paso do tempo e a axuda de proxectos como “Mamá y Olímpicas” y “Piragüismo con nombre de mujer” foise loitando para defender os dereitos das mulleres neste deporte e estableceuse un antes e un despois. As deportistas pasaron de verse limitadas e prexudicadas ao que debería ser lóxico dende sempre, ter a posibilidade de conciliar á vez que seguen nun nivel de alto rendemento.


Discriminación nas modalidades

Dentro das propias opcións do deporte tamén se experimentou a desigualdade, ata o ano 2009 non se permitía que as mulleres competisen na modalidade de canoa «se consideraba que era mala y dañina para el cuerpo femenino, por suerte este prejuicio se ha ido disipando» sentencia Enrique Prendes. Ao abrirse a posibilidade de competir en canoa houbo deportistas que abandonaron o kayak e se dedicaron á canoa, mentres que algunhas como Antía Jácome xa comezaron practicamente o seu percorrido nesta modalidade. A pesar do camiño percorrido todavía se perciben diferenciacións entre as distintas modalidades «en el piragüismo actualmente más que desigualdad de género veo un problema de categorías, considero que la canoa se ve perjudicada y que se nos infravalora» señala la piragüísta olímpica Antía Jácome. Quen incide en que este é un deporte igual para todas as persoas, indistintamente do seu xénero ou condicións de calquera tipo.

Comentarios


© 2023 by Train of Thoughts. Proudly created with Wix.com

bottom of page