LGBTIfobia, precipitada ao vacío polo simple feito de ser
- cunchasmagazine
- 5 nov 2021
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 24 nov 2021
A familia da víctima sinala que o incidente ocasionado na Muralla de Lugo foi consecuencia da transfobia
Nagore Acuña Garrido | 4 de novembro, 2021

A madrugada do pasado domingo 31 de outubro un veciño da capital luguesa agrediu a unha muller, presuntamente tras una discusión, facendo que se precipitase dende a Muralla Romana de Lugo. Tras esta acción abandonou o lugar deixándoa ferida no patio interior dunha vivenda da zona da Praza de Ferrol despois de caer dende 12 metros de altura. A agresión provocou a rotura dunha perna e pulso da vítima, ademais de ocasionarlle a fractura de dúas vértebras. A moza foi socorrida por un veciño e trasladada o domingo ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) onde segue ingresada en estado grave.
A investigación está en curso pero a familia da moza de 23 anos asegura que a agresión foi ocasionada por LGBTIfobia. Ademais unha persoa do entorno da vítima declarou no diario El Progreso de Lugo que o presunto agresor «intentó matarla por ser transexual». Debido ao seu estado de saúde a vítima aínda non puido prestar declaración e, a pesar de que o home de 24 anos está sendo investigado por un delito de homicidio en grado de tentativa, o titular do xulgado de instrución número 3 deixouno en liberdade. Polo momento a única imposición que se lle aplicou ao agresor foi a prohibición de aproximarse ou comunicarse coa vítima, ademais da obrigación de comparecer cada semana.
Comments