Unha ollada feminista dende a literatura
- cunchasmagazine
- 17 nov 2021
- 3 Min. de lectura
Nagore Acuña | 17 de novembro, 2021
Debido á próxima cita do 25 N, Día Internacional de Eliminación de la Violencia contra las Mujeres, dende Cunchas vemos preciso facer una recomendación de lecturas con perspectiva de xénero. O noso obxectivo é aportar as ferramentas de información e contidos precisos para que os nosos lectores poidan elaborar o seu propio pensamento e criterio sobre as cuestión de xénero. Por este motivo, deixamos a continuación una serie de obras literarias elaboradas por mulleres sobre as violencias e desigualdades que sofren.
El segundo Sexo – Simone de Beauvoir, 1949
Na actualidade considérase unha das obras filosóficas de referencia ademais do ensaio feminista máis importante do século. Nesta obra Simone de Beauvoir denuncia a pasividade e submisión dalgunhas mulleres e o machismo estremo da sociedade. A partir da súa publicación moitas outras autoras animáronse a abordar a cuestión de desigualdade de xénero e continuaron cos seus achegamentos, tanto para reafirmalos como para oporse a eles. A pesar da súa gran extensión, de máis de 800 páxinas, considerase unha lectura obrigatoria.
El cuaderno dorado - Doris Lessing, 1962
Trátase tamén dunha obra moi extensa. Nesta ocasión a autora da vida a unha personaxe, Anna Wulf. A cal era unha escritora nova que empregaba a escritura como terapia. Mediante este libro de ficción, a autora intenta presentar unha reflexión profunda sobre a sociedade ao mesmo tempo que denuncia a violencia e aborda os principais movementos feministas da época.
Política sexual - Kate Millett, 1970
Trátase dun ensaio de gran interese. Nel Kate Millett céntrase en dúas críticas, a literaria e a cultural, a través dunha reflexión global sobre a influencia do sistema patriarcal. Tamén leva a cabo o análise do traballo dalgúns actores, entre o que destaca John Stuart Mill e a súa aportación á reconsideración do papel da muller.
El cuento de la criada - Margaret Atwood, 1985
A autora leva a cabo unha obra distópica cargada de diferentes saltos no tempo. Narra a historia de políticos estadounidenses que chegan ao poder despois de sufrir ataques terroristas e crean unha república, denominada Gilead, onde se limitan con consistencia os dereitos das mulleres. Trátase dunha profunda crítica social.
Teoría King Kong - Virginie Despentes, 2006
Virginie Despentes comparte nas páxinas deste ensaio a súa propia experiencia para falar sobre a prostitución, a sexualidade feminina, os traumas ligados á violación ou a pornografía e contribuír ao derrubamento da estrutura patriarcal da sociedade actual. Presentase como unha obra que pretende abrir un diálogo e potenciar o feminismo do futuro.
Una vida - Simone Veil, 2007
Sobrevivinte ao terror de Auschwitz e ao nacismo que destrozou a súa familia, Simone Veil dedicou a súa vida a loitar contra a discriminación, a tolerancia e a favor dos dereitos das mulleres. Esta obre, publicada fai máis de 10 anos, narra a súa vida e as desgrazas que tivo que soportar. Ademais, Simone Veil, foi quen conseguiu que se aprobase o aborto en Francia, a lei promulgada en 1975 leva o seu nome, polo que se establece como unha figura feminista relevante a nivel internacional.
Mi vida en la carretera - Gloria Steinem, 2015
Consiste nun libro autobiográfico no que a autora recorda a súa vida pasada e os acontecementos que a levaron a loitar pola igualdade. Narra a súa historia e presenta ás persoas que inspiraron a súa faceta máis revolucionaria, levándoa a loitar polo feminismo.
Una habitación propia- Virginia Woolf, 2019
Ensaio escrito no período de entre guerras, nela xustifica o papel das autoras na historia da literatura. Expón as dificultades ás que se enfrontan as mulleres, especialmente o duro acceso á educación. O título da obra reflexa a súa propia idea, a necesidade das mulleres de ter algo de diñeiro e posición para poder producir unha obra romanesca.
Feminismo para torpes - Nerea Pérez de las Heras, 2019
Na obra a periodista Nerea Pérez de las Heras, mediante a súa propia experiencia, plasma de maneira crítica todas os aspectos relacionados co feminismo. Dende un ton humorístico analiza dende os clichés machistas ata os mensaxes que a sociedade envía as mulleres.
Tsunami - VV. AA., 2019
Neste libro dez escritoras brillantes, reunidas por Marta Sanz, reflexionan sobre as bases sociais que o feminismo está restaurando. Entre as autoras que participan destacan Cristina Morales e Sara Mesa.
Comments