top of page

Juan Tallón pechará o ciclo «10 anos, 10 autores, 10 libros»

  • Foto del escritor: cunchasmagazine
    cunchasmagazine
  • 28 oct 2021
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 28 oct 2021

Redacción | 27 de outubro, 2021




A Biblioteca de Galicia está a desenvolver con motivo do seu décimo aniversario o ciclo «10 anos, 10 autores, 10 libros», que será clausurado o venres 29 de outubro coa xornada que protagonizará Juan Tallón. O escenario desta cita, á que se dará comezo ás sete da tarde, será o Auditorio Neira Vilas da Biblioteca e Arquivo de Galicia, ademais de estar dispoñible en directo a través da canle de YouTube da Cidade da Cultura.


O escritor e xornalista de Vilardevós estará acompañado pola poeta Dorés Tembrás, con quen conversará arredor da obra Días contados (Xerais, 1991), de Xosé Díaz Cabido. Este libro componse de doce relatos que percorren espazos urbanos cuxos nomes coinciden cos de Vigo, mais que simbolizan os de calquera, «calquera outro labirinto semellante onde a noite facilite a metamorfose necesaria dun contable mentres alguén se ocupa de lavar os contedores do lixo (...); ou onde os periódicos anuncian grandes remedios para grandes males urbanos coma o illamento, as carencias afectivas e a soidade máis insoportable».


Polo Auditorio Neira Vilas pasaron xa outros nove autores e autoras representativos das nosas letras: Arantza Portabales, Ledicia Costas, Domingo Villar, María Solar, María Canosa, Fina Casalderrey, Santiago Lopo, Pedro Feijoo e Andrea Maceiras. Rematará con Juan Tallón este ciclo que ten como obxectivo que «os nosos escritores falasen dun título da nosa literatura que lles marcase a súa traxectoria como lectores e como creadores de literatura, pero que tamén pretendeu reforzar o amor a lectura a través das lembranzas e sentimentos deses autores por un libro».



Comentários


© 2023 by Train of Thoughts. Proudly created with Wix.com

bottom of page