top of page

Libros para agasallar: cando a correspondencia e os diarios tornan en literatura

  • Foto del escritor: cunchasmagazine
    cunchasmagazine
  • 25 nov 2021
  • 2 Min. de lectura

Dende Cunchas recompilamos varias series de libros para facerche máis sinxela a procura do regalo de Nadal perfecto


Amara Fontao | 17 novembro, 2021


ree

Achégase o Nadal e con el, a procura de agasallos cos que sorprender aos nosos seres queridos. Quizais un libro non semelle o mellor regalo para algunhas persoas, mais velaquí vai unha escolma que pretende non deixar lector sen libro baixo a árbore de Nadal.


Esta primeira escolma —porque virán máis, para abranguer os gustos e temáticas máis dispares— céntrase en obras que en esencia son a vida dalgún alguén. Achegámonos así á versión literaria da vida de persoas máis ou menos coñecidas, a través das cartas ou diarios que deixaron para o desfrute de persoas que nunca coñecerán.


ree

Cartas a Théo

Vincent van Gogh

Editorial Alianza

Ano 2012

Lingua Castelán

Páxinas 496

Prezo 14,30€


A evolución artística, espiritual e vital do xenio da pintura que foi Vincent van Gogh queda recollida en primeira persoa nas cartas que se enviou co seu irmán menor Théo. A mirada do neerlandés resultou fascinante e incomprendida no momento que lle tocou vivir, como demostra o non ter vendido máis ca un cadro en vida á vez que a día de hoxe as súas obras son auténticas xoias da historia da arte.



ree

Noches sin dormir

Elvira Lindo

Editorial Seix Barral

Ano 2015

Lingua Castelán

Páxinas 224

Prezo 20€


Este é o diario de Elvira Lindo dos últimos meses que viviu en Nova York, cidade sobre a que bota unha ollada artística á vez que íntima, ao facer a autora un exercicio de introspección. Os días sucédense ao longo das páxinas dun xeito que lembra ao traballo de articulista de Elvira Lindo. A estación na que se enmarcan estes textos é o inverno, que fotografou a propia escritora nunhas imaxes que ilustran o libro.


ree

Cartes d'amor

Pere Calders

Editorial Edicións 62

Ano 1996

Lingua Catalán

Páxinas 240

Prezo 16,50€


Para os namorados, doutra persoa ou, simplemente, do amor, estas cartas que un dos escritores —ademais de xornalista— catalán dirixiu á súa muller, Rosa Artís-Gener. Calders coincidira cos irmáns Artís-Gener na escola, coinciden no exilio en México ao remate da Guerra Civil, momento no cal o escritor está casado cunha muller á que xa non quere. Tempo despois, Pere divórciase e acaba casando con Rosa, con quen tivo tres fillos.


ree

El diario de Frida Kahlo: Un íntimo autorretrato

Frida Kahlo

Editorial RM Verlag

Ano 2009

Lingua Castelán

Páxinas 296

Prezo 37,05€


Vealquí os últimos dez anos da icónica e extraordinaria artista que foi —e continúa a ser— Frida Kahlo dende a súa propia vivencia. Tardou corenta anos en ser publicado tras a súa morte nuevos rasgos de la compleja personalidad de esta destacada mexicana. Estas páxinas albergan unha vida atormentada, feliz e quen sabe cantas cousas máis, dunha muller cunha mirada tan particular.



ree

Seré feliz mañana

Xacobe Pato

Editorial Espasa

Ano 2020

Lingua Castelán

Páxinas 304

Prezo 17,95€


Na súa conta de Instagram, Xacobe Pato, un libreiro compostelá, foi publicando semanalmente o seu diario coma un exercicio literario. A súa audiencia foi medrando e medrando e do formato dixital pasou ao papel. Trátase dunha lectura moi dinámica, ao estar formada por pequenas unidades que conforman os seus días, que enlaza cun fío de humor, recomendacións culturais e reflexións sorprendentes que semellan ler o pensamento do propio lector.

Comentarios


© 2023 by Train of Thoughts. Proudly created with Wix.com

bottom of page