top of page

Medio cento de editoriais percibiron 200.000 euros de axudas públicas

  • Foto del escritor: cunchasmagazine
    cunchasmagazine
  • 6 nov 2021
  • 1 Min. de lectura

O obxectivo desta subvención é «colaborar e facilitar que os libros cheguen ao seu público», segundo expón a Xunta


Redacción | 5 de novembro, 2021





Cincoenta e seis editorias contaron coa axuda dunha partida de diñeiro público aprobada pola Xunta este ano, o cal supón un incremento no número de empresas do sector literario beneficiadas, xa que son unha ducia máis ca no 2020. As axudas anunciadas no Diario Oficial de Galicia son dirixidas á edición, distribución e comercialización das publicacións realizadas entre setembro do ano pasado e setembro deste ano.


Para que un libro chegue ás mans dunha lectora é preciso custear toda unha serie de traballos: tradución e corrección, revisión, maquetación, preimpresión, dixitalización, accións de comercialización coma campañas de márketing e publicidade en diferentes medios e canles, gastos de distribución… A axuda provinte dos fondos galegos fixo que 400 obras sexan tal a día de hoxe.


Ademais da subvención á distribución resoltas, o Goberno autonómico «apoia ao sector na súa proxección exterior», mediante «as feiras do libro de Galicia, na adquisición de novidades editorais, así como con actividades de dinamización para a lectura, cun investimento que en 2022 superará os 2 millóns de euros».



Comments


© 2023 by Train of Thoughts. Proudly created with Wix.com

bottom of page